Nº61 Soño dun fogar antigo
Oleo sobre tabla
Medidas: 31 x 85 cm
”A tempo tiven un soño, un soño con cores antigas, un soño de paz e doce calor, a natureza baixo os meus pes e detrás a sombra dun fogar. Un alto ciprés sinalaba o tempo do día proxectando unha larga sombra no chan. A cerdeira e o abelá florecían na primaveira, no outono o castaño enchíase do doce froito da castaña, no verán o largo parral cubríase de verdes follas que servían de refuxio nas longas tardes de incandescente sol.
No tempo de lecer xuntábamo nos baixo a luz do solpor, ulindo os aromas da natureza e conversábamos da vida, de isto e de aquelo, reíamos e cantábamos; outras veces fundíamonos na terra prantando na orta os froitos da mesa. E cada semán sentábame a boar percorrendo o mundo da man dun bo libro, e cada certo tempo, os pensamentos escurríanseme sobre un lenzo branco transformándose en formas e cores....”